Detido en Baiona un condutor buscado pola xustiza e sen carné que se saltou un control

A Garda Civil detivo en Baiona a un condutor, buscado pola xustiza e sen permiso de condución, que se saltou un control na autoestrada. Ademais, tanto o condutor como o seu acompañante foron denunciados por infrinxir a liberdade deambulatoria establecida no RD de Estado de Alarma ocasionado polo COVID-19.

Os feitos ocorreron o pasado día 22 cando unha patrulla de motoristas da Agrupación de Tráfico, que se atopaba na AG-57 sentido Vigo, detectou a presenza de dous homes nun turismo. Os axentes deron o alto ao condutor do turismo, non obedecendo este os sinais dos axentes e iniciando unha fuga a gran velocidade ata a primeira saída da autoestrada, onde chocou levemente co vehículo doutra patrulla que trataba de deter a fuxida, para volver incorporarse á mesma AG-57, nesta ocasión sentido Baiona.

Tras varios quilómetros de condución manifestamente temeraria, de omisións ás ordes dos axentes e mesmo de intentos de arremetida ás motocicletas dos axentes nos tramos de ligazón, o vehículo fuxido chocou contra os elementos de sinalización e protección da peaxe de Sabarís, no termo municipal de Baiona.

Instantes despois, co apoio dunha patrulla de seguridade cidadá do Posto Principal de Baiona-Nigrán procederon á detención dos dous ocupantes do turismo, que resultaron ilesos.

Tras pedirlle a documentación ao condutor, os axentes comprobaron que estaba reclamado polas autoridades xudiciais mediante unha orde de procura e detención e comparecencia, e ademais non contaba co permiso de condución. Ademais diso, o turismo utilizado carecía de seguro, non pasara a inspección técnica e presentaba deficiencias nas súas condicións técnicas.

Como consecuencia destes feitos detívose ao condutor do turismo, de 23 anos e veciño da Ramallosa, e á investigación do acompañante, de 37 anos e veciño de Gondomar.

🎥 VIDEO: Detido en Baiona un condutor buscado pola xustiza e sen carné que se saltou un control.

Publicado por Valmiñortv.com – O diario dixital de Baiona, Gondomar e Nigrán en Miércoles, 25 de marzo de 2020