Nigrán ordena a limpeza profunda e desinfección de todos os centros educativos

O Concello de Nigrán, ante a situación de crise sanitaria e tendo en conta o parón da actividade educativa, deu orde esta semana á concesionaria da limpeza dos centros para que emprenda unha desinfección e limpeza profunda de todas as instalacións. O persoal iniciou hoxe os traballos seguindo o protocolo sanitario e realizando a limpeza sen manter contacto con outras persoas.

“Estas dúas semanas sen actividade lectiva son o mellor momento para emprender este tipo de accións aproveitando que están os centros baleiros, ademais, son traballos que realizan persoas individualmente e que, polo tanto, non comprometen a súa saúde nin a dos demais”, indica Juan González, alcalde de Nigrán.