Anuncios
Ticker de novas

Gondomar lembra ao seu axente falecido Ángel Fernández

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Foto de familia do II Memorial Ángel Fernández.

Gondomar celebrou este sábado no campo de fútbol municipal das Cercas o II Memorial Ángel Fernández, en recordo de Ángel Fernández Fernández, axente da Policía Local falecido hai 5 anos, o 6 de marzo de 2012, tras unha enfermidade.

A iniciativa partiu dos seus compañeiros da Policía Local de Gondomar, co obxectivo de lembrar a Ángel cun evento deportivo, xa que “ninguén morre do todo se hai alguén que o lembra”, coa intención de convertelo nunha cita anual.

Despois dun minuto de silencio na súa memoria co son do saxofón de Miguel López, alumno do Conservatorio Elemental de Gondomar, disputouse un partido amigable entre dous combinados formados por axentes españois e portugueses e xogadores veteranos, sendo a encargada do saque de honra Jimena, a filla de Ángel. O equipo de casa estivo conformado por compañeiros da Policía Local de Gondomar, Vigo, Nigrán e Gondomar (Portugal), ademais de axentes da Policía Autonómica e Nacional e da Garda Civil, mentres que xogadores veteranos do Celta, Deportivo, Real Madrid ou Gondomar compoñían o conxunto visitante.

Ao finalizar o encontro entregáronse uns obsequios aos participantes e aos pais de Ángel, Pura e Manolo, e á súa filla, Jimena. Tampouco quixeron faltar á homenaxe o alcalde, Francisco Ferreira, os concelleiros Nuria Lameiro, Iria Lamas e Jose Manuel Chamorro, e o Xefe de Policía de Gondomar, Obdulio Iglesias.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios