Baiona pecha todas as instalacións municipais

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Sala de estudo da Biblioteca.

Seguindo o protocolo de contención do virus COVID-19, o Concello de Baiona vai a proceder a adoptar medidas de prevención e loita contra a pandemia que estamos a sufrir.

A atención ao público nas dependencias municipais limitarase só a casos de extrema necesidade e se pode ser chamando con anterioridade para verificar dita necesidade da presenza do veciño ou veciña. Poderá realizar as súas xestións a través da sede electrónica do Concello ou telefónicamente chamando ao 986 385 050.

Permanecerán pechadas as seguintes instalacións municipais: Pavillón Municipal, Campo do Aral, Campo Val de Martín, Biblioteca Municipal, Audiotorio V Centenario, Casa da Navegación, Museo da Carabela, Multiusos Ángel Bedriñana, Escola de Música Torrente Ballester e Centro Cultural de Belesar.

A partir do 13 de marzo todas as actividades municipais, deportivas, culturais e de servizos sociais quedan suspendidas durante 15 días, condicionado á evolución da enfermidade. Recoméndase ás asociacións e entidades do Concello que eviten aglomeracións durante os vindeiros quince días, condicionado á evolución da enfermidade.

Recoméndase non facer viaxes e desprazamentos que non se consideren imprescindibles, evitando a toda costa a zonas de máxima concentración do virus. Recoméndase non visitar centros de maiores, hospitais, centros médicos a excepción de casos de extrema necesidade.

Recoméndase á veciñanza que lave con frecuencia as mans e a cara con auga e xabón e evite na medida do posible o contacto físico con outras persoas. Recoméndase que se sigan as instruccións ditadas polo Ministerio de Sanidade e Consellería de Sanidade e, no caso de ter algún síntoma contactar co 061 ou ao 900 400 116.

O Concello de Baiona pide á veciñanza que colabore na loita do virus e leve a cabo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, Consellería de Sanidade e Concello de Baiona.