Sin categoría

O PP de Gondomar acusa ao alcalde de incumprir os compromisos adquiridos

A voceira do Partido Popular de Gondomar, Paula Bouzós, acusa ao alcalde, Paco Ferreira, de faltar aos seus compromisos adquiridos tanto no Pleno de Organización como en Xunta de Voceiros e ter paralizada a administración, así como a actividade de fiscalización e control por parte da oposición ao non convocar a Comisión Informativa de Asuntos do Pleno nin o Pleno do mes de marzo.

O pasado 25 de febreiro o alcalde de Gondomar convocou Xunta de Voceiros, onde se acordou celebrar a Comisión Informativa de Asuntos do Pleno para este venres. A día de hoxe os membros da citada Comisión Informativa non foron convocados, sen que por parte de Ferreira se dese ningunha información ao respecto.

Dáse a casualidade de que o Concello ten que facer o sorteo para a designación dos membros das mesas electorais antes do día 11 de marzo, polo que estamos xa fóra de prazos debido a que a convocatoria da Comisión Informativa hai que realizala con 24 horas de antelación e o pleno con dous días hábiles. Tendo en conta estes prazos a celebración do pleno non se pode facer ata o xoves da vindeira semana como moi cedo, polo que non se cumpriría a data máxima fixada pola Lei Electoral.

Paula Bouzós pensa que todo isto é consecuencia da falta de medios humanos no Concello de Gondomar, que nestes intres atópase en situación de mínimos en canto a persoal se refire, como a praza de secretario que nestes intres está sen cubrir logo da baixa por enfermidade do titular da mesma desde fai mais de un mes.

“Unha vez máis o Sr. Ferreira se esquece que é o alcalde de todos os gondomareños obviando as súas tarefas como tal e non atendendo o día a día no concello. Estas neglixencias non poden pasar nun goberno con sete dedicacións exclusivas e menos ante unha premisa legal como é a elección dos membros das mesas electorais que teñen unhas datas fixadas por Lei”, remata dicindo Paula Bouzós, voceira do Partido Popular de Gondomar.