A Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar convoca unha reunión

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Manifestación por un transporte digno en Gondomar.

A Asemblea Veciñal por un transporte Digno para Gondomar convoca a veciñas e veciños á participar na asemblea que terá lugar hoxe, venres 21 de febreiro, a partir das 19:30 horas, no Centro Neural de Gondomar.

Na asemblea farase análise e avaliación do proxecto definitivo de plan de transporte da Xunta para os vindeiros 10 anos, prestando especial atención a valorar en que medida foron ou non incorporadas ás alegacións presentadas en 2019, durante o período de exposición pública do anteproxecto de explotación do plan de transporte.