Faladoiro sobre as Pesqueiras en Groenlandia con Adriana Nogueira en Gondomar

Este xoves día 20 de febreiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar, un faladoiro da científica e Doutora en Bioloxía Adriana Nogueira Gassent sobre Pesqueiras en Groenlandia. Será presentada polo biólogo, membro da Xunta de Goberno do IEM, Xosé Ramón García. O faladoiro será ás 19:30 horas, unha hora antes do horario tradicional nos faladoiros do IEM por cuestións de axenda da convidada.

Adriana Nogueira fixo a súa tese de doutoramento co traballo titulado “Changes in the overexploites demersal fish assemblages in the Northwest Atlantic: the Southern Gran Banks and the Flemish Cap”, dirixido por Xabier Paz, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo do IEO, e Bernardino González-Castro, profesor titular do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Facultade de Ciencias do Mar, da Universidade de Vigo, e foi defendida o dia 24 de marzo de 2017.

Adriana Nogueira actualmente traballa no Instituto de Recursos Naturales de Groenlandia, onde forma parte do Departamento de Pescado e Marisco. Está involucrada na avaliación de stock de halibut de Groenlandia occidental en alta mar (divisións NAFO 0 y 1). Adriana investiga en ecoloxía pesqueira.