O vindeiro sábado 1 de febreiro o Círculo Podemos de Baiona celebra unha asemblea aberta a toda a veciñanza no Centro Cultural de Baíña ás 18:00 horas. A orde do día inclúe un resumo do ano 2019, traballo feito e mocións presentadas; traballo de cara ás eleccións autonómicas; III Asemblea Cidadá Estatal; posta a disposición dos cargos do Círculo; e rolda de preguntas e intervencións libres. Dende o Círculo convidan a toda a veciñanza para coñecer ou trasladarlles as súas inquedanzas.
Artículos relacionados
Propoñen a creación dunha plataforma didáctica para o apoio do alumnado do Val Miñor en risco de exclusión
Dende que se decretou o estado de alarma polo COVID-19, estamos a ver de novo como é a clase traballadora a que está a manter ao conxunto da sociedade. Dende o persoal sanitario ao da […]
Nigrán reabre este luns o rexistro mediante cita previa e a biblioteca só para préstamos e devolucións
O Concello de Nigrán, coincidindo coa fase 2 da desescalada, reabrirá este luns 25 de maio a Biblioteca Municipal de 9:00 a 15:00 só para préstamos e devolucións e o Rexistro de momento só mediante […]
Belesar celebra a festividade de San Lourenzo
A parroquia baionesa de Belesar celebra este sábado día 10 de agosto a festividade do seu patrón, San Lourenzo. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica San Lourenzo de Belesar, […]