O gondomareño Artai Bringas proclámase campión provincial sub 18

O pasado fin de semana celebráronse en Vilagarcía de Arousa os campionatos provincias de xadrez onde o laroqueiro Artai Bringas proclamouse campión provincial na categoría sub 18, cun pleno de vitorias. Nesta categoría Ana Fernández rematou no sétimo posto e Laura González novena.

Destacar as actuacións de Francisco Rego, décimo posto na categoría absoluta, Ricardo Fernández, cuarto, e Mauro Sanromán, quinto, na categoría sub 16, así como Anxo Platero, sétimo na categoría de sub 8.

Por outra parte este fin semana iníciase a liga 2020 de xadrez, na que o club miñorán participa con cinco equipos nas distintas categorías.

Os cinco equipos disputarán os encontros no local de Cotros. Na primeira división no seu grupo C, o Laroca A enfrontarase o equipo do Mos A, na segunda división no grupo E enfrontaranse os dous representantes na categoría, o Laroca IES Auga da Laxe contra o Laroca B, e por último na terceira división no grupo K, enfrontaranse o Laroca D co Laroca C.

Anuncios