Escolares de máis de 40 colexios e clubs participaron no XXI Cros do Val Miñor

Este domingo celebrouse no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabarís, a XXI edición do Cros Escolar do Val Miñor, sendo este ano unha proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Estivo organizado pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Deportes do Concello de Baiona, coa colaboración da Sociedade Atlética Val Miñor, englobado dentro do programa de Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar. Máis de 600 escolares do Val Miñor, Tomiño, Tui, Vigo ou Porriño participaron na proba, repartidos nas categorías chupetes, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, tanto masculinas como femininas.

Participaron escolares dos colexios e clubs Cova Terreña, Divino Salvador, San Paio de Tui, Cluny Vigo, Sabarís, Borreiros, Belesar, Fontes, Areas, Club Atletismo Porriño, Humberto Juanes, Xosé Neira Vilas de Peitieiros, Souto-Donas, San José de Borreiros, As Dunas de Panxón, Club Atletismo Tui, Ría de Vigo, Ángel de la Guarda, Montecastelo, Altamar Vigo, Arquitecto Palacios de Panxón, Fleming, Acacias, Triatlón Mar de Vigo, Serra-Vincios, Tintureira Paz de Coruxo, Amor de Dios, Eusebio da Garda de Coruña, Chano Piñeiro, Sociedad Atlética Val Miñor, Cluni, Mallón, Colegio Nº 2 de Tui, Da Cruz de Camos, Carlos Casares, Colegio Estudio, Club Deportivo Pinarium, Manuel García, Comesaña Sporting Club, Andersen, Randufe, Sociedad Gimnástica Pontevedra e S.A. Trega de Tomiño.

A organización entregou a todos os participantes avituallamento grazas a Agua Sana e Froiz como compensación ao esforzo realizado. Ademais contaron coa colaboración de Protección Civil Val Miñor, Policía Local, Garda Civil, Cruz Vermella, Peña Moteros Val Miñor, Sociedade Atlética Val Miñor e as Concellerías de Medio Ambiente e Vías e Obras do Concello de Baiona. Ao finalizar todas as probas, os encargados de entregar as medallas aos cinco primeiros clasificados de cada categoría foron os alcaldes de Baiona e Nigrán, Carlos Gómez e Juan González, o delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, a concelleira de Deportes de Baiona, Miriam Costas, e outros membros do goberno de Nigrán.

CLASIFICACIÓNS XXI CROS ESCOLAR DO VAL MIÑOR

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios