A Garda Civil libera un xabaril atrapado polo lazo dun furtivo en Mañufe

A patrulla de seguridade cidadá do Posto da Garda Civil de Gondomar, co apoio de axentes de medio ambiente e un veterinario, liberaron esta tarde un xabaril que apareceu atrapado por un lazo nun monte da parroquia de Mañufe. Foi o presidente da sociedade de caza da zona o que deu aviso da localización do animal, que necesitou de varios dardos anestésicos para liberalo do lazo e deixalo en liberdade no seu hábitat natural. A Garda Civil investiga as circunstancias e trata de identificar ao presunto responsable que se enfronta a un delito contra a fauna.