A Piscina Mancomunada do Val Miñor ofrece descontos na matrícula

A Piscina Mancomunada do Val Miñor, xestionada por Serviocio, inaugurou o novo ano co lanzamento da súa campaña de xaneiro. “Pon en marcha o teu corazón” é o nome da campaña e o seu obxectivo é atraer a todos aqueles usuarios que busquen poñerse en forma e levar unha vida máis activa e saudable da man dos profesionais que traballan no seu centro. O centro deportivo conta con piscina, zona relax con sauna e baño turco, actividades e unha salga fitness con zonas destinadas ao adestramento cardiovascular, funcional ou peso libre. Ademais dispón de actividades e cursos infantís.

Para facilitar a inscrición ao usuario, Serviocio ofrece descontos especiais na matrícula dos seus abonos. Para os máis indecisos ofrece garantía de devolución e a posibilidade de probar 3 días as súas instalacións de maneira gratuíta. Como cada xaneiro habilitou a web http://www.serviocio.es/corazon onde poderán atopar toda a información que necesiten e onde ademais poderán entrar no sorteo dun ano gratuíto de acceso.

Acción solidaria

Esta campaña ademais ten un claro compoñente solidario, todos os socios poden adquirir unha pulseira de acceso da Fundación Española do Corazón, cuxa recadación irá destinada integramente para programas de investigación e prevención das enfermidades cardiovasculares da Fundación.

Anuncios