O segundo premio do Sorteo do Neno deixa 150.000 € en Nigrán

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Ángeles e os seus fillos.

A Administración de Loterías París de Nigrán vendeu dous billetes do número 21.816, segundo premio do Sorteo do Neno, dotado con 750.000 euros por serie. A cada boleto correspóndenlle 75.000 euros, e en Galicia tan só caeu neste establecemento situado na Rúa Rosalía de Castro número 2, moi preto do Concello.

Segundo indicou a súa propietaria, Ángeles Gómez, trátase de dous décimos vendidos por terminal, polo que se descoñece quen puideron ser os afortunados. “Estamos moi contentos e queremos darlle o parabén aos agraciados”, sinalou acompañada dos seus dous fillos.

Esta Administración abriu as súas portas en 1999, cando os pais de Ángeles selaban no Bar París, situado no local contiguo. “Son a segunda xeración e espero que a miña filla sexa a terceira, a verdade que somos unha administración con sorte”. E é que non é a primeira vez que reparten premios, o último, de 54.000 euros na Bonoloto o pasado mes de febreiro.

O número 21.816 estivo moi repartido. Vendeuse nas provincias de Alacante, Barcelona, Valladolid, Valencia, Navarra, Melilla, Madrid, Murcia, Guipúscoa ou Ciudad Real.

2020-01-06 - IMG_0029