Podemos pide en Nigrán e Baiona a regulación da pirotecnia

Este xoves, Podemos Nigrán e Podemos Baiona veñen de presentar unha moción na que instan a ambos os dous Concellos a adoptar medidas fronte a pirotecnia. A moción ten o visto bo de protectoras como Proxecto Gato.

Alegan que existe un amplo sector da poboación vulnerable a estes artiluxios tan empregados nos diferentes festexos ou festas, especialmente en fin de ano, como poden ser as persoas de Espectro Autista, ligorofóbicos, epilépticas, con hipersensibilidade, enfermedades respiratorias… e os animais.

Así mesmo, tamén lembran aos respectivos Concellos, o perigoso que pode resultar en lugares con aglomeracións de xente e o perxudicial que resulta para o medio ambiente, sobre todo no que respecta aos montes, ríos, mar e aire.

En canto ao son, fan referencia a que algúns destes foguetes exceden a cantidade de decibelios seguros para o oído segundo a OMS e por isto, instan aos Concellos a explorar a vía de empregar fogos artificiais insonoros e en vez de empregar petardos ou voadores para avisar das festas ou festexos, o lanzamento dunha boa campaña en prensa ou redes.

E deste xeito crear un pobo amable, para todo o mundo e onde ninguén sexa excluido.