A Garda Civil realizou algo máis de 1.000 probas de alcol e drogas durante a noite de Fin de Ano

Con motivo do dispositivo especial de seguridade viaria que se estableceu durante a noite de Fin de Ano, os efectivos do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra realizaron algo máis de 1.000 probas de alcol e drogas na rede viaria da provincia de Pontevedra.

No marco deste dispositivo de seguridade viaria, cuxo obxectivo era poñer fóra da circulación a aqueles condutores que beberan ou consumiran alcol e/ou drogas, os efectivos do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra realizaron un total de 1.050 probas para vixiar o consumo de alcol e drogas e detectáronse 44 condutores que deron positivo nalgunha das dúas probas.

ALCOHOLEMIAS:

Realizáronse 1.028 probas de detección de alcoholemia e detectáronse 32 condutores que deron resultado positivo. Deles: 27 foron denunciados por vía administrativa e os 5 restantes por vía xudicial, por superar a taxa establecida de 0,60 mg/ l., en aire inspirado.

DROGAS:

Realizáronse 22 probas de detección de drogas. Dos condutores sometidos ao test salival para comprobar a presenza no organismo de drogas, 12 resultaron positivas, é dicir máis do 50% do total, aos cales se lles formulou expediente denuncia por vía administrativa, sendo as substancias máis detectadas en cannabis e a cocaína

Reitérase, unha vez máis, que a lei prohibe conducir con presenza de drogas no organismo do condutor, quedando excluídas as substancias que se utilicen baixo prescrición facultativa e cunha finalidade terapéutica. Esta infracción catalogada como moi grave está castigada cunha sanción de 1.000 € e a retirada de 6 puntos.

Anuncios