Anuncios
Ticker de novas

Máis de 150 nenos gozaron en Gondomar dunha semana de fútbol con Manolo Sanchís

FOTO: DEPORGADYD

Un ano máis, grazas ao patrocinio de Ford e a colaboración de Adidas, Coca Cola e o Concello de Gondomar, Deporgadyd S.L. e C.D. Ford puido celebrar a quinta edición do Campus Manolo Sanchís.

O campus está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre 6 e 16 anos, que tiveron a posibilidade de compartir e aprender nocións de fútbol e á súa vez a educación en valores xunto a un grupo de profesionais capitaneados por Manolo Sanchís.

As instalacións do campo municipal das Cercas en Gondomar, albergaron a V edición do campus do 3 ao 7 de xullo e do 10 ao 14 de xullo. Máis de 150 rapaces puideron gozar dunha semana chea de fútbol e sobre todo diversión.

O Campus de Verán Manolo Sanchís é un proxecto que naceu co fin de transmitir aos máis novos a importancia que o respecto aos valores ten na súa vida como deportistas e no seu desenvolvemento persoal. Unha forma na que o fútbol, nunha contorna de lecer, é un magnífico vehículo para facerlles chegar a experiencia de xogadores profesionais como é o caso de Manolo Sanchís.

A dinámica destes campus baséanse ao 100% en exercicios con balón, sesións preparadas polo propio Manolo Sanchís para que os rapaces exerciten distintas destrezas do fútbol ao longo de toda a semana, acompañados por xogos.

Anuncios