Gondomar clausura o seu Campus Deportivo de Nadal con éxito de participación

Con gran éxito de participación, e moi bo sabor de boca por parte dos participantes, clausurouse esta mañá o Campus Deportivo de Nadal, organizado pola Concellería de Deportes de Gondomar, no que participaron preto de medio centenar de pequenos e pequenas do municipio, que durante tres días participaron activamente en numerosas actividades e xogos desenvoltos en diferentes escenarios.

Co obxectivo de ofrecer alternativas ao tempo libre, coincidindo coas súas vacacións, o goberno local promove este tipo de xornadas nas que cumpriron a súa sétima edición con gran éxito. Nelas ademais dos pequenos participantes é importante a implicación de diferentes clubs deportivos do municipio, como a Sociedade Atlética Val Miñor, Ximnasia Acrobática ACRO Gondomar, Tenis de Mesa AD Vincios, Cereixa Fútbol Sala e Club de Tenis de Gondomar.

Así durante estes tres días os mozos e mozas practicaron algunhas destas especialidades deportivas xunto a monitores que lles indicaban como dar os seus primeiros pasos nalgunhas delas. Ademais o campus completouse cunha excursión ao Museo do Mar de Vigo, e unha charla sobre Seguridade Viaria impartida polo Sarxento D. Castelo, da Garda Civil de Tráfico do Porriño.

Un ano máis, ao coincidir co Nadal, tamén se quixo dotar dun carácter solidario estas xornadas e trasladalo aos máis novos, de maneira que a condición para participar nelas era a doazón de alimentos non perecedoiros para facer chegar