Un veciño de Gondomar mata supostamente á súa parella e tenta suicidarse

Unha veciña da parroquia gondomareña de Mañufe faleceu, presuntamente, a mans do seu marido, que cometería o homicidio cunha arma branca. Segundo informaron fontes da Garda Civil, os feitos producíronse ao fío das 16:25 horas de hoxe mércores. Tras o incidente, o suposto agresor tentou suicidarse e como consecuencia diso foi trasladado ao centro hospitalario Álvaro Cunqueiro con prognóstico grave.