Podemos e Esquerda Unida do Val Miñor reclaman campañas contra a serofobia

Este domingo é un día bañado de vermello, día no que se reivindica a loita contra o VIH e a serofobia (estigma e discriminación baseado nun medo irracional cara as persoas con VIH).

Desde os diferentes círculos de Podemos e Esquerda Unida do Val Miñor, queren visibilizar o seu compromiso coas diferentes loitas sociais, pero especialmente co día de hoxe, porque é un día que nos demostra a necesidade dunha educación sexual de calidade, que hai que seguir loitando contra a discriminación e a estigmatización.

É un día no que a xente non sae á rúa a berrar, pero desde Podemos e Esquerda Unida, queren que as súas palabras se escoiten coma un berro. Queren que este tema, aparentemente invisible, deixe de ser un tabú.

Acender unhas luces vermellas ou colgar uns lazos non basta, por iso, esperan que os nosos respectivos Concellos, algún día leven a cabo unha campaña efectiva, o propio día 1 de decembro ou calquera outro ao longo do ano.

“É imprescindible traballar desde as escolas a educación sexual e en valores, facendo campañas de concienciación que falen da importancia da realización das probas de ETS/ITS e do uso dos diferentes métodos barreira”, sinalan.

“Facemos este comunicado en vista de que moitas veces as nosas propostas non son escotadas nin fortes. Por iso, temos a esperanza de que deste modo, a situación mude”, conclúen.

Anuncios