Mañufe acollerá a IV Gala do Deporte da Federación Galega de Bolos

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Campo de bolos celta nas Cercas.

A Federación Galega de Bolos vai organizar a IV Gala do deporte, correspondente á tempada 2019. A mesma terá lugar o vindeiro día 1 de decembro (domingo), a partires das 11:30 da mañá no salón de actos da Casa de Cultura de Mañufe (Gondomar), sita no barrio de Moreira nº 20.

Durante a mesma homenaxearanse a un total de 19 clubs e 159 xogadores, entregándose un total de 178 diplomas e 95 trofeos a xogadores e xogadoras de categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, feminina, sénior, veteranos e superveteranos.

Esta tempada foi exitosa para os nosos clubs e xogadores, a nivel nacional, conseguindo os primeiros postos en case todos os campionatos nos que participaron.

Están invitados a esta gala os alcaldes e concelleiros de Deportes dos Concellos do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán), dirixentes e xogadores dos clubs de bolos adscritos á Federación Galega, así como todos os afeccionados ao mundo dos bolos.