Educa Teatro e o seu espectáculo musical “Os tres porquiños” chegan a Gondomar

O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá este próximo sábado, día 16 de novembro, a representación de “Os tres porquiños” da man de Educa Teatro, enmarcada dentro da programación teatral de Outono. Nesta ocasión, e dada a boa recepción que ten entre o público familiar, programáronse dúas sesións: ás 17:00 e ás 19:00 horas.

Os/as interesados/as en acudir poderán retirar as súas entradas previamente o xoves e o venres no departamento do Rexistro Municipal do Concello de Gondomar. A un prezo de 2,50 euros cada unha poderanse adquirir en horario de mañá para calquera das dúas sesións e ata completar o aforo.

As entradas que sobren da venda anticipada poderán adquirirse no propio Auditorio Lois Tobío o mesmo día da actuación, o vindeiro sábado.

“Os tres porquiños” é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula adaptada aos novos tempos, incluíndo nela a dous exploradores, Xan e Xiana, moi afeccionados aos contos. Da súa man os espectadores penetraranse no bosque para coñecer aos seus personaxes favoritos. Ademais de descubrir a historia dos tres cerdiños os máis pequenos da casa poderán bailar e cantar ao ritmo das cancións que compoñen o espectáculo.

Anuncios