Triunfo do Cereixa na súa saída a Teis

Triunfo do Coperfi Cereixa Gondomar FS na saída a Teis na tarde do sábado, onde os de Vincios mostraron mellor xogo que o equipo local.

Encontro cómodo con moitas chegadas a área rival onde a falta de definición evitou unha goleada maior, destacar a seriedade defensiva e o debut do porteiro de Vincios Sergio González, que xogaba os seus primeiros minutos coa camiseta do Cereixa.

Toca seguir traballando e ir partido a partido para chegar aos postos altos da clasificación onde o Coperfi Cereixa Gondomar FS estivo asentado estes últimos catro anos. Desde o equipo aproveitan a ocasión para agradecer o apoio recibido de toda a afección desprazada ao colexio Apóstol na tarde de onte.

Goles de Seko (2), Rubén (2), Álex, Gabri e Abraham.

Anuncios