O PSOE volve a gañar en Gondomar e Nigrán e o PP recupera a primeira posición en Baiona

O PSdeG-PSOE volveu a gañar as eleccións xerais este domingo en Gondomar e Nigrán, mentres que en Baiona o PP recuperou a súa posición como primeira forza política. Os socialistas obtiveron 1.951 votos (28,74%) en Baiona, 141 menos que o pasado mes de abril, 2.521 en Gondomar (31,29%), 416 menos, e 3.230 en Nigrán (32,69%), 333 menos.

Os populares recuperaron 227 votos en Baiona, 82 en Gondomar e 335 en Nigrán, en comparación cos resultados dos anteriores comicios, obtendo nesta ocasión 2.275 papeletas (33,51%) en Baiona, 2.263 (28,08%) en Gondomar e 3.003 (30,39%) en Nigrán.

Unidas Podemos mantense na terceira posición con 1.004 votos (14,79%) en Baiona, 1.371 (17,01%) en Gondomar e 1.469 (14,87%) en Nigrán. Vox crece nos tres municipios da comarca e sitúase cuarto, conseguindo 519 votos (7,64%) en Baiona, 698 (8,66%) en Gondomar e 804 (8,14%) en Nigrán.

O BNG adianta a Cidadáns en Baiona con 407 votos (5,99%) e en Gondomar con 463 apoios (5,75%), ocupando a quinta posición. Os nacionalistas sitúanse sextos en Nigrán con 463 papeletas (4,69%). Cidadáns é a quinta forza máis votada en Nigrán, con 497 papeletas (5,03%), e pasa ao sexto posto en Baiona, sumando 372 apoios (5,48%), e en Gondomar, con 367 (4,55%).

Por detrás, a nova candidatura de Más País- Equo, con 126 apoios (1,86%) en Baiona, 156 (1,94%) en Gondomar e 210 (2,13%) en Nigrán.

A participación foi do 68,61% en Baiona -un 8,57% menos que no mes de abril-, cun total de 6.877 votos, dos que 88 foron nulos e 66 en branco; do 67,22% en Gondomar -un 8,03% menos-, cun total de 8.188 votos, dos que 130 foron nulos e 115 en branco; e do 68,50% en Nigrán -un 7,66 menos-, con 10.011 votos emitidos, dos que 131 foron nulos e 103 en branco.

Resultados en Baiona

Resultados en Gondomar

Resultados en Nigrán

Anuncios