Este xoves, día 31 de outubro, os centros culturais de Peitieros, Mañufe e Baíña celebran o Samaín.
En Peitieiros a programación comezará ás 18:00 horas, con obradoiros de cabazas, contos de medo, merendola compartida e percorrido das almas perdidas pola parroquia (durará ao redor de 1 hora e sairá e chegará desde o adro). Hai que levar a cabaza e os accesorios para decorala, ademais dun bote de cristal para facer un faroliño, algo de merendar e un conto de medo.
En Mañufe, a Asociación de Veciños San Vicente organiza unha Festa de Samaín a partir das 19:30 horas con castañas gratis e concurso de disfraces e cabazas. Haberá premio para as tres mellores cabazas e para os tres mellores disfraces.
A Festa de Samaín no Centro Cultural de Baíña comezará ás 20:30 horas, con Animacións Tricolor, Casa do Terror e Truco ou Trato.

