Baiona presenta o “Novembro Lila”

Chega o “Novembro Lila”, un programa deseñado pola Concellería de Igualdade de Baiona para dar visibilidade á lacra da violencia machista coincidindo co gallo do 25N, día internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha programación que abranguerá todo o mes de novembro e contará cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres.

Esta programación vai un paso máis alá da estética dunha pancarta que berra “Non á violencia”, quérese entrar na cabeza do público para facelo reflexionar sobre a problemática da violencia machista e a desigualdade entre homes e mulleres, adaptándose ás diferentes idades do público xa que haberá actuacións variadas para toda a cidadanía.

O programa arranca este sábado día 2 coa súa presentación, ás 18:00 horas nos Xardíns do Museo da Navegación, no caso de choiva na Biblioteca Municipal. Contarán coa presenza de Miriam Ferradáns (lectura de poemas: “As mulleres no vento”) e Mónica Sueiro (peza teatral: “DesAlento”).

Anuncios