O Tributo ao Rei León chega a Baiona

O Tributo ao Rei León (De Simba a Kiara), da compañía ONBEAT, chega o domingo 27 de outubro ás 17:00 horas ao Auditorio V Centenario de Baiona. É sen dúbida un dos musicais infantís que máis éxitos está a cultivar ao longo da xeografía española. Son xa máis de 250.000 as persoas que puideron gozar deste musical familiar, un éxito sen precedentes, que os levou a máis de 180 cidades, e 16 comunidades autónomas.

Un espectáculo con 10 artistas sobre o escenario, con voces en directo, divertidas coreografías, un vestiario moi coidado, no que destaca unha xirafa de máis de catro metros de altura, e onde a interacción cun público sempre entregado, fai do show algo inesquecible, e irrepetible. Un musical para gozar en familia cos máis peques da casa. As entradas xa están á venda en woutick.es e Cafetería Central Park (Baiona).

Anuncios