Degustación “A Gastronomía galega fai camiño” no Camiño Portugués da Costa

Dende a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia en colaboración cos Grupos de Desenvolvemento Rural están a levar a cabo o Proxecto “A gastronomía fai camiño” que forma parte do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Xunta de Galicia.

Os obxectivos do proxecto son a elaboración dunha guía de pratos tradicionais e de producións locais e de tempada polas comarcas por onde transcorren os Camiños de Santiago e a realización dunha degustación destas receitas convidando aos restaurantes e aos Grupos de desenvolvemento rural dese Camiño coa finalidade de animar aos hostaleiros a ofertar un menú para as persoas que peregrinen e o turismo en xeral elaborado con produtos locais, tradicionais e de tempada.

A través do proxecto a gastronomía fai camiño pretendese tamén dar a coñecer as tradicións asociadas a estes produtos. A undécima degustación organizada pola Asociación de GDRS en colaboración co GDR 14, Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural terá lugar mañá día 22 de outubro ás 19:00 horas no restaurante Casa Henriqueta, no Concello de Oia, un dos concellos por onde transcorre o Camiño Portugués da Costa.

Están convidados a participar os restaurantes e os Grupos de Desenvolvemento Rural por onde transcorre o Camiño Portugués da Costa. Máis Información na Asociación de Grupos de desenvolvemento rural de Galicia: gdrsgalicia@gmail.com.