Álex Oya, décimo cuarta fichaxe do Gondomar CF

O lateral de 19 anos Álex Oya Romero, natural de Ponteareas, convértese na décimo cuarta fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado nas categorías inferiores do Ponteareas, posteriormente recalou no Vila do Corpus, antes de asinar polo Porriño Industrial, equipo do que precede dende o Xuvenil de Nacional.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “apostei polo Gondomar porque me parece un proxecto moi interesante a curto, pero sobre todo a longo prazo para poder devolvelo a categorías mellores. Chámame a atención do Club a profesionalidade coa que se traballa, e a ilusión que ten a xente que traballa no Club, de devolvelo a mellores categorías. Á afección dígolle que tentarei dar o mellor de min a nivel individual e a nivel colectivo, e tentarei achegar o máximo posible xa non dentro, se non fóra do campo”.