O PP de Nigrán organiza unha Andaina Popular de 9 quilómetros por Panxón

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Paseo de Praia América-Panxón.

O Partido Popular de Nigrán organiza este domingo unha Andaina Popular pola parroquia de Panxón. O punto de encontro é ás 9:30 horas da mañá fronte ás pistas de tenis Dunas de Gaifar, en Panxón, cunha duración estimada de 2 horas. Desde aí, a comitiva realizará unha ruta de 9,3 quilómetros cunha altura de 143 metros, que discorrerá polo paseo de Panxón, a península de Monteferro, a zona de Patos e o barrio da Porqueira en Panxón.

Anuncios