Máis de 80 nenos e nenas participaron no XVII Torneo de Pesca Deportiva Infantil de Baiona

Este venres celebrouse a XVII edición do Torneo de Pesca Deportiva Infantil “Vila de Baiona” Gran Torneo laCaixa-Villa Rosa, organizado polas Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas. Desenvolveuse no porto pesqueiro coa participación de máis de 80 nenos e nenas repartidos nas categorías Sub 8, Sub 12 e Sub 16, concentrando ademais a gran cantidade de curiosos nunha tarde moi asollada e propicia para o desenvolvemento do concurso.

Durante o transcurso do evento, os participantes estiveron arroupados por José Castro, monitor da Escola Municipal de Pesca, Miriam Costas, concelleira de Deportes, e Carlos Gómez, alcalde de Baiona, que pecharon o concurso coa entrega de premios. Entregáronse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, e trofeo á peza de maior peso e ao maior número de pezas, ademais de agasallos para todos.

CATEGORÍA SUB 8:
1º – GABRIELA BOUZADA – 7096 puntos.
2º – ANXO SOTELO – 2.428 puntos.
3º – MARTÍN AGRA – 1.348 puntos.

CATEGORÍA SUB 12:
1º – EDGAR MARTÍNEZ – 9.530 puntos.
2º – ALEJANDRO BOUZADA – 5.171 puntos.
3º – JORGE AMORÍN – 2.564 puntos.

CATEGORÍA SUB 16:
1º – JACOBO RODRÍGUEZ – 683 puntos.
2º – ÓSCAR CONDE – 167 puntos.
3º – NAVIA CORES – 10 puntos.
3º – IRIA SIMÓN – 10 puntos.

PEZA MAIOR DO TORNEO:
1º – GABRIELA BOUZADA – 1.699 puntos.

MAIOR NÚMERO DE PEZAS:
1º – GLORIA CALERO – 22 pezas.
1º – ÓSCAR CONDE – 22 pezas.

 

Anuncios