A Federación de ANPAS do Val Miñor organiza unha excursión ás Illas Cíes

FOTO: TURISMO DE GALICIA // Praia de Rodas.

FAVALMI, a Federación de ANPAS de Val Miñor, organiza unha excursión ás Illas Cíes o sábado 14 de setembro con roteiros e actividades para os nenos, con saídas desde Baiona e desde Panxón. O barco sairá do porto de Baiona ás 9:30 e do porto de Panxón ás 9:50, sendo necesario estar en ambos os dous casos 20 minutos antes para o embarque.

O importe da viaxe por persoa (neno/a ou adulto) é de 9 €. Viaxan gratis os menores que non cumprisen 4 anos na data da viaxe. O pago da viaxe realizarase mediante transferencia bancaria á conta ES70 2080 5035 0530 4001 2481 co concepto CIES + NOME/S DA/S PERSOA/S QUE VIAXA/N. É necesario enviar o xustificante da transferencia bancaria ao correo electrónico favalmi@gmail.com.

O último día para apuntarse e realizar o pago da viaxe é o mércores 4 de setembro. Se o abono non se realiza antes desta data perderase a reserva de praza.

Por normativa da Xunta é necesario enviar á navieira os datos de todos os viaxeiros, polo que hai que completar o seguinte formulario cos datos de TODAS as persoas que vaian viaxar (UN FORMULARIO POR CADA PASAXEIRO). Para menores de 14 anos o DNI non é obrigatorio.

En caso de condicións meteorolóxicas adversas a viaxe poderá ser aprazado. Neste caso avisarase con antelación e propoñerase unha nova data para a viaxe. Ante calquera dúbida pódese contactar no correo electrónico favalmi@gmail.com.

Anuncios