Sin categoría

Exposición de pintura “Atlántica” de Rafael Cachaldora no Liceo Marítimo de Baiona

O Liceo Marítimo de Baiona acolle a obra pictórica de Rafa Cachaldora que leva por nome “Atlántica”. A mostra reúne un total de 20 cadros inéditos (impresións dixitais), realizados por Cachaldora en Baiona entre 2018 e 2019. A colección de obras expostas ten como eixo central ilustrar instantes e estampas mariñas.

Rafael Cachaldora, nace en 1973 en Ourense, é un artista multidisciplinar que traballa con diversos materiais, soportes e técnicas. No ano 2001 recibiu o segundo premio no Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude 2001 pola escultura “Tosca Naturaleza Humana”. A exposición permanecerá colgada nas paredes do Liceo ata o 31 de agosto.