Os orzamentos de Zona Franca para 2020 contemplan a ampliación de Porto do Molle

FOTO: ZFV // Porto do Molle.

Entre actuacións relacionadas coa dotación de chan para o asentamento e desenvolvemento de actividades empresariais e outro conxunto de accións que tamén perseguen o impulso da actividade empresarial e a xeración de emprego na cidade de Vigo, a Zona Franca ten previsto realizar durante o próximo ano 2020 uns investimentos que sumados alcanzan a cifra de 80 millóns de euros.

En palabras de David Regades, estas cifras de investimento constitúen “os orzamentos máis ambiciosos da historia da Zona Franca xa que ademais elévanse, tomando o período dos catro anos de mandato, a 340 millóns o que situará a Vigo como indiscutible capital económica da Eurorrexión”.

Así, estes investimentos inclúen obras de mellora dos diferentes polígonos industriais que xestiona a Zona Franca como como o de Porto do Molle, no que está prevista a construción de novas naves industriais para o asentamento en réxime de aluguer de pequenas e medianas industrias.

Os orzamentos cos que o Consorcio financiará os seus programas de investimento en 2020 realizaranse con recursos propios, non contemplándose o recurso ao financiamento alleo mediante ningunha fórmula de endebedamento.

A táboa seguinte mostra o detalle deses investimentos en activos fixos que compoñen o orzamento de capital para 2020.

01

No capítulo de “Aprovisionamentos” inclúense, fundamentalmente, os investimentos previstos en cada exercicio en chan industrial destinado á venda e os seus equipamentos e dotacións. Un detalle dos investimentos previstos para 2020 que se inclúen neste capítulo do orzamento do citado exercicio é o seguinte:

02

Resumo de actividade prevista 2019-2023

As actuacións incluídas nestes orzamentos e a súa cuantificación fan referencia aos importes orzados para o exercicio 2020. Loxicamente, este tipo de actuacións, debido á súa dimensión son na maioría dos casos de carácter plurianual, polo que para considerar o seu verdadeiro alcance é necesario contemplar os investimentos previstos ao longo de varios exercicios.

Resúmese a continuación a actividade prevista para os próximos anos en proxectos de Chan Industrial e Investimentos en inmobilizado, que ascenden a 341 millóns de euros, independentemente da súa inclusión no Orzamento de Explotación ou de Capital conforme os formatos requiridos habitualmente pola Oficina Orzamentaria do Ministerio de Facenda.

03

Anuncios