18 heroes que cambiaron o concepto do Mundo

Pepe Bosmediano e Carlos Pecker o sábado na praza do Obradoiro.

Unha das fazañas máis importantes na historia do home está de 500 aniversario. Trátase da primeira circunnavegación á Terra realizada polo vasco Juan Sebastián Elcano e o portugués Fernando de Magallanes, que abriu as portas á globalización ademais da mestura cultural e de razas moi presente nos nosos días.

A pesar de que a maioría dos mariñeiros faleceron debido ás durísimas condicións ás que se enfrontaron durante os tres anos de viaxe, entre os 18 que chegaron con vida, dos cales 11 eran españois, había dous baioneses, o mariñeiro Diego Carmona (ou Carmena)e o grumete Vasco Gómez Gallego, que a semana que vén serán homenaxeados dunha maneira orixinal e diferente. E é que o xornalista Carlos Pecker e Pepe Bosmediano están a levar a cabo unha iniciativa en recoñecemento a aqueles que materializaron un dos fitos máis importantes na historia do home, que non é outra que a de realizar un roteiro a pé de máis de 2.000 quilómetros polas localidades natais dos mariñeiros españois que participaron na primeira volta ao mundo, e ir facendo entrega de placas conmemorativas en recoñecemento de tal fazaña, bautizada como “O Roteiro dos 18 heroes”.

Así pois Pecker e Bosmediano comezaron a súa aventura o pasado 31 de maio partindo de Getaria e finalizarán o seu percorrido o 10 de agosto en Sevilla. Tres meses de experiencia inesquecible para os seus dous protagonistas, e que unha vez finalizada terán realizado ao redor de 70 escalas por diferentes localidades do territorio nacional, con percorridos que oscilan entre as tres e máis de seis horas diarias de camiñadas para entregar o recoñecemento en Getaria, Bermeo, Bilbao, Barakaldo, Cueto, Baiona, a localidade portuguesa de Saborosa da que era natural Magallanes, Alcántara, Huelva e Sevilla. O sábado finalizaron a súa quinta etapa tras chegar á capital galega, e hoxe proseguirán rumbo á vila mariñeira, onde o venres 5 de xullo serán recibidos polo alcalde Carlos Gómez para facerlle entrega do seu agasallo e proseguir así cara ao país Luso. Unha vez cheguen a Sevilla completarían un total de 372 horas a pé durante 72 días de maneira ininterrompida.

A primeira volta ao mundo

A fazaña conseguida hai agora 500 anos partiu da intención para atopar unha canle por América do Sur que comunicase os océanos Atlántico e Pacífico, Desta maneira poderían arribar nas illas Molucas, tamén coñecidas como illas da Especiería, para levar a cabo intercambios comerciais e obter así as valiosísimas especias que a insua posuía. Con todo os 247 navegantes distribuídos en cinco naves non eran conscientes das consecuencias que carrexaría a súa fazaña máis aló dos fins meramente comerciais, xa que tras finalizar o seu percorrido dos que só sobreviviron 18 mariñeiros, dos cales 11 eran españois a bordo da Nave Victoria capitaneada por Elcano, completaron o percorrido circular a través do globo, abrindo as portas á unión entre continentes e a diversidade en todos os seus aspectos.

Anuncios