A gran tirada de fogos das Festas de Panxón trasládase ao sábado

A gran tirada de fogos de artificio das Festas de San Xoán e a Virxe do Carme de Panxón, suspendidos o martes pola choiva, trasládase ao próximo sábado día 29 de xuño. O espectáculo, que correrá a cargo da Pirotecnia Argimiro Alborés de Nigrán, comezará ás 23:30 desde o Porto de Panxón. Ao finalizar actuará o grupo Ciclón e DJ Roquiño.