Dani Cabezas incorpórase ao Gondomar CF

O mediocentro de 24 anos Daniel Cabezas García, afincado en Vigo, convértese na cuarta fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado no Independiente até infantís e no Areosa ata Xuvenís de División de Honra, a súa etapa como sénior a fixo no filial do Rápido de Bouzas, na Guía, no Rápido Bahía e no Mondariz de Preferente, equipo do que procede tras pasar tres tempadas alí.

Agora, co obxectivo de volver á primeira, destacou que “apostei polo Gondomar polo interese que mostraron en min tanto Manu, como Joao e Víctor. O que máis me chama a atención do Club é o trato próximo que hai entre o corpo técnico e os xogadores, e sobre todo as ganas e a ambición que hai por facer un bo proxecto. Á afección dicirlle que nos apoie desde o principio, que xuntos tentaremos conseguir o obxectivo do ascenso, xa que non vai ser fácil sen a súa axuda”.

Anuncios