Baiona, sede da Copa Mahou Galicia F7 Cup

A Galicia F7 Cup reunirá este fin de semana aos 12 mellores equipos galegos de fútbol 7, para coñecer que conxunto representará á comunidade no F7 World Club Championship. As dúas sedes da Galicia F7 Cup, A Coruña e Santiago de Compostela, enviarán aos seus campións do Apertura, Clausura e Copa co obxectivo de proclamarse como o mellor equipo de fútbol 7 de Galicia.

A Copa Mahou GF7C 2019 terá lugar este sábado 15 de xuño no Campo do Aral en Baiona coa presenza de máis de 150 xogadores. O sistema de competición configurarase en dous grupos de catro equipos mediante sorteo puro para decidir os integrantes de cada un deles. Os dous mellores clasificados de cada grupo accederán ás semifinais e os vencedores enfrontaranse na final para saber que conxunto acabará coroado como o mellor equipo de fútbol 7 de Galicia.

Percorrendo mundo

E de Baiona a Roma. O campión da Copa Mahou GF7C 2019 de Baiona conseguirá o billete clasificatorio para participar no F7 World Club Championship da FIF7 que se disputará en Roma do 21 ao 23 de setembro. Nesta cita histórica reuniranse os mellores equipos de F7 do mundo e como non, a Galicia F7 Cup estará representada polo seu campión.

Anuncios