200 atletas poderán participar gratis no Vertiatlón Solidario de Baiona

200 atletas poderán participar gratis na quinta edición do Vertiatlón Solidario que se celebrará o vindeiro sábado 14 de setembro en Baiona baixo a organización do Monte Real Club de Yates e co patrocinio de Verti Seguros.

A empresa de papel de alta calidade para uso doméstico Foxy apoiará o evento pagando as inscricións dos atletas que queiran participar na proba coa que se recadarán fondos para que persoas con diversidade funcional poidan navegar en igualdade de condicións.

O único que terán que facer os deportistas que queiran participar será inscribirse antes de que se peche a cota de 200 participantes, un límite establecido dadas as características da proba, que volverá ser sprint, con 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira.

A Federación Galega de Tríatlon, que se encarga da loxística do evento, acaba de abrir o prazo de inscrición a través da plataforma Rock the sport.

Anuncios