Ovalmi organiza un curso on-line de prevención de riscos laborais

A lexislación de Prevención de Riscos laborais (PRL) permite que as empresas organicen a súa prevención a través de diferentes modalidades organizativas, asumíndoa o propio traballador, mediante traballadores designados, a través dun ou varios servizos de prevención alleos ou constituíndo un servizo de prevención propio. A PRL é a disciplina que busca promover a mellora da seguridade e saúde dos traballadores no traballo, mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para previr os riscos derivados das condicións do traballo.

Por esta razón, a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, pon en marcha un curso básico de 30 horas de Prevención de Riscos Laborais, na modalidade on-line. Os interesados en participar deben poñerse en contacto coa Asociación, a través do teléfono 986 36 67 30 ou a través do correo electrónico administracion@ovalmi.com.

Anuncios