O Racing Vilariño organiza unha excursión á illa de Ons

O Club de Fútbol Racing Vilariño organiza unha excursión á illa de Ons o próximo domingo 7 de xullo, con saída desde Baiona ás 9:30 e regreso de Ons ás 19:00 horas. Os interesados poden reservar a súa praza por 15 euros (menores de 12 anos gratis) no teléfono 671 43 18 04 (María). A data límite para anotarse será o 1 de xullo ou cando se completen as 200 prazas dispoñibles.