Este é o goberno de Gondomar para os próximos catro anos

Tras conseguir este domingo a maioría absoluta, o socialista Paco Ferreira configurará nos próximos días o que será o goberno de Gondomar para o próximos catro anos, formado por nove veciños e veciñas de idades comprendidas entre os 25 e os 52 anos. Ferreira, de 52 anos e natural de Vilaza, é funcionario desde 1989, debido a que deixou para pasarse á empresa privada como avogado, con despacho en Gondomar e Vigo. Estivo desde hai máis de 20 anos vinculado aos servizos xurídicos de UXT e como profesor da AGAP.

Nuria Lameiro, actual Tenente de Alcalde e responsable de Cultura, Deportes, Medio Ambiente, Xuventude, Igualdade e Sanidade, é natural de Vincios, de 37 anos e Técnica Sanitaria do 061. Iria Lamas, concelleira de Urbanismo, Patrimonio, Vivenda, Servizos, Parques, Xardíns e Educación, natural de Donas, de 38 anos, é arquitecta técnica e enxeñería edificación. Jose Manuel Chamorro, concelleiro de Vías e Obras, Seguridade, Tráfico e Mobilidade, Dinamización Económica, Mercados e Turismo; é natural de Vincios, de 42 anos, axente de seguros.

En canto ás novas caras, Juan Rodríguez Bas, de 25 anos, é natural de Mañufe, estudante de Arquitectura e Escenografía. Rocío Goberna, de 32 anos, é natural de Borreiros e empregada de restauración. Araceli Regueiro ten 30 anos e é Doutora en Enxeñería Industrial. Brais Misa, de 30 anos e natural de Peitieiros, é licenciado en Ciencias Ambientais e Enxeñeiro Técnico Forestal, subcampión do mundo de dúatlon en grupos de idade. Finalmente, Jose Luis Alonso, de 49 anos, é empregado do metal e Presidente da Comunidade de Montes de Chaín.

Anuncios