Feijóo sostén que o futuro de Nigrán pasa polo cambio que ofrece o PP

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu este domingo en Nigrán o voto para o Partido Popular, xa que votar PSOE é votar Mareas e BNG nos gobernos dos concellos, polo que salientou que o único modo de evitar que estes partidos se repartan os concellos é votando aos candidatos do PPdeG.

Así, remarcou que a combinación de PSOE, Mareas e BNG ten como resultado a parálise, enfrontamentos e, tamén, máis impostos. E é que, tal e como incidiu, o voto ao PSOE é o modo de que estes partidos continúen, xa que lles vai brindar o seu apoio.

Por iso, Feijóo dixo que o voto do cambio aos gobernos tripartitos é o PP, o voto para gobernos de maiorías, polo que propuxo que todos os votantes de centro e de dereita únanse nestas eleccións para evitar o que pasou nas pasadas Xerais: ter un presidente do goberno que dez millóns de votantes non querían.

O VOTO DO CAMBIO EN NIGRÁN

“Mentres algúns partidos só esperan de Nigrán que sexa unha sucursal dócil de Vigo, hai unha lista que ofrece un proxecto propio, autónomo e de futuro”, recalcou Feijóo. Por iso, sostivo que o futuro pasa polo cambio, que só pode ofrecer o PP e Carlos Abal. Un cambio, asegurou, para que non volva quedar máis da metade do orzamento sen gastar, para que o sector turístico poida rexurdir e para que a parálise deixe paso ás obras e ás melloras necesarias para a veciñanza.

Así, dixo que o obxectivo de Carlos Abal é que Nigrán volva a funcionar: “É necesario que nos unamos en torno a un proxecto ilusionante e de futuro, cun líder capaz e con traxectoria”.

Anuncios