Tres panadeiros do Val Miñor, entre os mellores de Galicia

Ruta do Bo Pan de Galicia.

Máis de trinta panadeiros foron seleccionados no Roteiro do Bo Pan de Galicia durante unha xornada moi gratificante entre todos os asistentes nunha sala chea de panadeiros que puideron ver as hogazas presentadas por cada un deles. O proceso de selección levouse a cabo cunha cata a cegas, dunha forma anónima, por un xurado composto por recoñecidos profesionais do sector do pan onde se valorou a cortiza, miga, cor, alveolado, sabor, gusto, textura, peso e aspecto exterior do pan.

Feitas as valoracións procedeuse a realizar a suma de resultados e designar aos panadeiros que forman o Roteiro do Bo Pan de Galicia. A continuación, pasouse á entrega da “Miga de Oro” de Galicia, acto difícil e que se tivo que revisar máis dunha vez. Só había 3 puntos de diferenza entre o cinco máis valorados, isto indica a calidade dos pans presentados. Finalmente, os tres finalistas foron a Panadería La Pintora de Nigrán, La Bulanxerí de Santiago de Compostela e Amaquia Panadería de Porriño, que finalmente se fixo coa “Miga de Oro” polo excelente pan presentado.

Na listaxe definitiva dos panadeiros TOP de Galicia, ademais de Adolfo Villafines Carballo da Panadería La Pintora, están Martín Basqueiro Villafines da Panadería Isolina de Sabarís (Baiona) e José Alberto Gándara González de Tupana Obrador de Nigrán. Este Roteiro forma parte do Roteiro Español do Bo Pan e a gran final celebrarase en Valencia, en Gastrónoma, coa entrega aos 80 panadeiros TOP das Estrelas Dir-Informática, do mundo da panadería.

Anuncios