Os Rillasepas organizan a súa 11ª Motochurrascada

A Peña Moteira Os Rillasepas organiza esta fin de semana a súa 11ª Motochurrascada. O punto de quedada será o Centro Cultural de Borreiros, en Gondomar, onde o sábado 18 ás 12:00 do mediodía abrirase a zona de acampada. Ás 16:00 horas, comezará o roteiro con pinchada e xogos, e xa pola noite, a partir das 22:00 horas, celebrarase unha cea con festa e sorteos, ademais de sesión musical a cargo de DJ Freddy. A xornada do domingo comezará cun almorzo ás 9:00 da mañá, e o evento finalizará cun novo roteiro e pinchada ás 11:00 horas.

A inscrición, cun custo de 20 euros, finaliza o xoves día 16 de maio, e pódese formalizar no American Custom de Baiona. Máis información nos teléfonos 626 628 621 (David) ou 646 840 231 (Miguel), ou no correo electrónico rillasepas@hotmail.es.

Anuncios