Baiona reabre a mostra “Os Menesteres de Ribeira” polo Día das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica á figura de Antón Fraguas, quen destacou en diferentes eidos da cultura galega como a etnografía, o Concello de Baiona quere reabrir este venres 17 de maio unha mostra etnográfica do historiador local Anxo Lemos, “Os Menesteres de Ribeira”, unha aproximación ao mundo mariñeiro da vila a través das artes de pesca, embarcacións e os seus contrutores na carpintería de Ribeira, que poderá visitarse durante todo o día en Capitanía Marítima en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.