Alumnos do CPI de Panxón, padriños lectores por un día na escola infantil As Dunas

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º do CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios de Panxón exerceron na mañá deste luns de padriños e madriñas na EEI As Dunas. Como se vén facendo nos últimos anos, unha das celebracións do Día do Libro é o Apadriñamento Lector, actividade que tiveron que aprazar polo mal tempo e, que este luns, por fin, os maiores léronlles aos seus afillados e afilladas contos polos arredores do centro infantil. Os pequenos de 3, 4 e 5 anos agasallaron aos seus padriños cun marcapáxinas que fixeron e cunha merendola. Un agasallo mutuo. Unha mañá de lectura e diversión cun magnífico sol de compaña.