O partido independente Unión Centrista de Nigrán (UCN), presenta a súa candidatura e que figura novamente como cabeza de cartel Antonio Fernández Comesaña, de ampla experiencia non só na administración local como funcionario de carreira -en excedencia-, senón tamén na política activa durante os últimos anos, tendo responsabilidades de goberno, e ultimamente servindo aos intereses dos veciños desde as filas da oposición. Durante a lexislatura que agora termina realizou un importante labor, presentado máis de 50 mocións para o seu debate en sesión plenaria, formulado máis de 350 preguntas e máis de 100 rogos, tanto ao alcalde como aos concelleiros do seu goberno, sobre asuntos relevantes e de vital importancia para os veciños de Nigrán.
Tamén repite como número dous da candidatura de UCN a avogada Rosario Valverde Díaz. Conta con despacho aberto ao público na Ramallosa desde fai máis de dez anos, ademais ten un amplo e profundo coñecemento de primeira man das necesidades e carencias de todo o municipio, e en particular das parroquias do interior, loitando contra as desigualdades sociais e inxustizas “que lamentablemente aínda persisten na nosa contorna”. Formou parte da corporación na lexislatura 2007-2011 como concelleira, “desenvolvendo un importante labor”, e conta ademais con ampla experiencia, demostrada capacidade, loitadora e particularmente comprometida na defensa das mulleres.
Completan os demais postos da candidatura que foi renovada nun 40% os seguintes: Eloy Rodríguez Albores, funcionario xubilado. Marina Martín Cabaleiro, xerente de empresa. Guillermo Martínez Pereira, autónomo. Manuel Soto del Olmo, vixiante de seguridade. Vicente Da Rocha Sueiro, empregado téxtil. William Martínez García, diplomado en enfermería. Milagros Fernández López, ama de casa. Ángeles González Vila, empregada. Álex Barrientos Cancelo, comercial. Rosi Alonso Pérez, dependenta. Tania Pereira Fernández, empregada hostalería. Francisco Arca, xubilado de Fenosa. José Luis Balboa Valverde, xubilado de automoción. Elena García Loureiro, ama de casa, Ángel Manuel Magallans, autónomo e Santiago Pérez Blanco, técnico en telecomunicacións.
“UCN chegou para quedar e co obxectivo de consolidar un proxecto de futuro que poida ofrecer aos veciños de Nigrán, unha alternativa seria entre a dereita e a esquerda, un espazo de moderación desde o centro e que ten aos cidadáns como obxectivo prioritario da súa actividade política. Queremos un concello de portas abertas e recuperar os anos perdidos por culpa da nefasta xestión do PSOE e que levou a unha parálise e inmobilismo alarmantes, por culpa dun alcalde “folclórico” que só se preocupa de festas e parrandas, esquecendo os problemas dos veciños”.

