Nigrán ofrece este venres o concerto inaugural da Camerata Santart

O Concello de Nigrán, co apoio da Deputación de Pontevedra, continúa a programación de Semana Santa a través do ciclo Peregrinos Musicales, ofrecendo o venres 19 ás 20:30 no Auditorio Municipal o concerto inaugural da Camerata Santart, composta por músicos da Real Filharmonía de Galicia (Anca Smeu Sain ao violín; Timur Sadykov á viola; Thomas Piel ao chello; Carlos Méndez ao contrabaixo; Emilio Alonso ao clarinete; Manuel Veiga ao Fagot; e Alfredo Varela á trompa). A entrada é de balde ata completar aforo.

O repertorio comezará co Septimino de Beethoven e o trío de cordas o D147 de Schubert. O Septimino ten a forma antiga do divertimento ou a serenata, en seis movementos, da que evoca tanto o espírito como a liberdade de realización, amosándose, a fin de contas, moi próximo ao estilo de Mozart e Haydn. O Allegro do Trío D. 471 o cualificou Alfred Einstein como «moi gracioso, un pouco mozartiano, fluído e armonioso». Schubert comezou a compoñer este trío en setembro de 1816, pero só terminou o primeiro movemento.

“De novo unha importante para todos os amantes da música en Nigrán, é un orgullo poder traer aos músicos da Real Filharmonía de Galicia”, subliña o alcalde, Juan González. A súa posta en escena, a súa sonoridade impactante, e a forza e a paixón que entregan ao público son o seu principal selo de identidade.

Anuncios