Anuncios
Ticker de novas

Omar Rodríguez participa no Campionato de España Universitario de Loitas Olímpicas

As Universidades de Vigo (UDV) e Santiago de Compostela (USC) serán as representantes galegas no Campionato de España Universitario de Loitas Olímpicas que se celebra este venres 12 de abril en San Javier (Murcia).

O obxectivo da UDV será o de volver subir ao podio nacional como en anos anteriores, cun equipo feminino formado por Cristina Alves do Club Cidade de Vigo, Nerea Pampín e Noelia Lalín, ambas as dúas do Club Keltoi de Vila de Cruces. O equipo masculino estará integrado por Iván González do Club de Loita Kuzushi de Vigo, Pablo García, Ginés Martínes e Iván Mella, todos do Club de Loita Pontevedra. Rubén Méndez será o técnico encargado de dirixir á UVIGO nesta competición.

A USC, pola súa banda, presenta aos deportistas Dafne Nogueiras e Sabela Chan, ambas as dúas do Club de Loita Lugo, e Judit Varela do Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces. O equipo masculino estará composto por Omar Rodríguez do Club de Loita Sabarís e Francisco Mosteiro do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.

Como responsable de todo o grupo estará presente Pablo Pintos, director técnico da FGLeDA, para coordinar a ambas as dúas entidades durante a competición. «O nivel dos deportistas de ambas as dúas universidades, sendo moitos deles campións de España nalgunha ocasión, convida o entusiasmo nesta cita nacional», afirma Pablo Pintos.

Anuncios
error: Contido protexido