Anuncios
Ticker de novas

O Acro Club Nigrán consegue unha medalla de ouro e dúas de prata na Copa Acroastur

O pasado sábado celebrouse no Pavillón de La Tejerona de Xixón a II Copa Acroastur de Ximnasia Acrobática, organizada polo xixonés Club Deportivo Acroastur, en colaboración coa Federación de Ximnasia do Principado de Asturias. O Acro Club Nigrán participou con 17 ximnastas repartidos nunha Parella Feminina Benxamín Escolar, unha Parella Feminina Alevín Escolar, unha Parella Feminina Infantil Escolar, unha Parella Feminina Alevín Base, dous Tríos Femininos Alevín Base e un Trío Feminino Infantil Base.

Aroa e Blanca conseguiron a medalla de ouro na categoría Parella Feminina Benxamín Escolar, mentres que Ada e Sara e Yara e Mónica levaron a medalla de prata en Parella Feminina Alevín Escolar e Parella Feminina Infantil Escolar respectivamente. “Estamos moi orgullosos da actuación das ximnastas e dos seus resultados. Sempre se pode facer mellor, pero aínda temos moito percorrido por diante e moito que aprender, xa que levamos tres anos dentro da Ximnasia Acrobática”, comentou Aarón Castro, presidente do Acro Club Nigrán.

La competición contó con la participación de 270 gimnastas procedentes de Asturias, Galicia, Madrid y Tenerife, pertenecientes a los clubs FlicFlac (Vigo), Acro Club Nigrán (Pontevedra), Gondomar Acro Club (Pontevedra), Club Treboada (Pontevedra), Escola Ximnasia Burgas (Ourense), Club Andraga (Collado Villalba, Madrid), Club Acro Flyers (Tenerife, Canarias), Escuela de Lugones (Siero) y Club Acroastur (Xijón).

O equipo de Acro Club Nigrán está composto por 22 ximnastas, sendo todas elas veciñas do Val Miñor, de Nigrán, Gondomar e Baiona.

Anuncios
error: Contido protexido